Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SÉTIMO ANIVERSARIO

Festa de cumpreanos para o Cineclube de Compostela

Comezará ás oito da tarde no C.S. do Pichel, por onde pasarán Ataque Escampe, Berobambán, e Leo i Arremecaghona!! acompañado de García de Dios ke te Crew.

Redacción - 11:39 04/04/2008

A celebración abrirase ás oito da tarde deste venres, aínda de día, coa proxección de Whisky a esgalla! (Whisky Galore!), un filme de do británico Alexander Mackendrick, unha comedia festiva e etílica, que serivrá para quentar motores. Seguirá Berrobambán Teatro, habitual colaboradora do Cineclube.

Un pouco antes das once da noite comezarán os concertos, que se abrirán con Emilio José, principal compositor de Apeiron, que con Todo sigue intacto asinaron un dos mellores discos independentes do ano 2002 en todo o Estado. Agora Emilio José prepara o seu primeiro traballo en solitario, cuxas cancións presentará este venres no local social do Pichel (Santa Clara, 21).

A festa continuará con Ataque Escampe, que presentarán Galicia es una mierda, o seu primeiro disco, colgado na redes hai unhas semanas e que estes días chega en formato físico cun bonus track. O concerto servirá ademais para abrir de xeito oficial a súa xira Invención da Polvora 2008.Por último, será o turno de Labregos no tempo dos Sputniks, dúo formado por O Leo e García (de Dios Ke Te Crew), cun espectáculo que revisa os textos de Celso Emilio Ferreiro en clave de cantautor, punk e rap, aproveitando todas as posibilidades musicais destes dous intérpretes.

Ademais, o longo da xornada haberá postos nos que conseguir o libro Plan de Fuga, de Alberto Lema, primeiro título de Estaleiro Editora, e o propio disco Galicia es una mierda de Ataque Escampe, así como camisolas do Cineclube en defensa da cultura libre.

Ataque Escampe. Serafín


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: