Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Limia

A chuvia trae de volta a lagoa de Antela

O anegamento das terras ameaza as próximas colleitas e impide o tránsito por camiños e pistas.

Redacción - 12:10 22/01/2010

As chuvias deste inverno fixeron que, temporalmente, volva existir a antiga lagoa de Antela. A zona húmida da comarca da Limia, desecada dende o inverno de 1958 para o aproveitamento agrícola da terra, vólvese anegar cando se producen chuvias ou nevadas intensas.

Este ano están a sufrir as consecuencias non só as leiras, onde corren perigo as próximas colleitas de trigo, senón tamén nas granxas, camiños e pistas da zona, como a que une Xinzo de Limia con Vilar de Barrio, actualmente cortada.

A lagoa foi unha das máis importantes da Península Ibérica, con sete quilómetros de longo e seis de largo, e cunha profundidade media 60 centímetros, que nalgunhas zonas acadaba os tres metros.

Ademais deste retorno eventual da lagoa, existe un centro de interpretación, a Casa da Lagoa, situado na vila de Sandiás, onde se pode coñecer como era a vella zona húmida, a súa relevancia e as formas de vida dos habitantes das súas ribeiras, co obxectivo de "transmitir dunha forma amena e comprensíbel os valores culturais e naturais da zona da antiga lagoa de Antela e fomentar nos visitantes un desexo de conservación".


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: