Unha lei de 1956 estableceu a desecación de Antela, ignorando a reflexión feita por Risco, xa en 1928, de que «podemos asegurar que a flora e a fauna da lagoa non foron en absoluto estudiadas, como tampouco o foi a lagoa mesma no seu aspecto fisiográfico e xeolóxico». O libro Vertebrados da Limia 1 supón un paso fundamental para saldar esta débeda de descoñecemento, un interesante estudio sobre os vertebrados da zona. Máis información no canal Tempos Novos.
.