Hoxe martes clausúrase no Círculo de Bellas Artes de Madrid unha exposición sobre a Lagoa da Antela, ao que asistirán o actor Serxio Pazos e o escritor Manuel Rivas para falar desta extinguida paraxe natural da Limia ourensá. Tentarán que as autoridades políticas de Galicia lembren que un día existiu esta lagoa, de incalculable valor biolóxico e mesmo mítico. Alí -conta a lenda- encontrábase unha cidade chamada Antioquía, cuns habitantes nada caritativos, polo que Deus a fixo desaparecer e convertiuna nunha inmensa lagoa. Moitos anos despois, exactamente en 1958, o Instituto Nacional de Colonización do goberno franquista iniciou a drenaxe das 42.000 hectáreas da lagoa para convertela en zonas de horta. Hoxe a antiga lagoa non é máis ca un lugar que as empresas de construcción aproveitan para a extracción de area: os centos de especies animais e vexetais que alí vivían. Súmenlle a iso as concentracións parcelarias e vexan o resultado: semideserto en Galicia. Un magnífico libro conta a historia, con fotografías do pasado e presente da mítica lagoa: Antela, a memoria asolagada, de Xosé Luís Martínez Carneiro.
.