Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Lagoa da Antela podería ser recuperada

A UNESCO podería apoiar a recuperación medioambiental da Lagoa da Antela (na comarca da Limia, Ourense), se técnicos desta organización da ONU avalían favorablemente esta posibilidade. Estes días unha delegación de Medio Ambiente desta entidade, dirixida por Javier Castroviejo, está a visitar a zona co senador do BNG Anxo Quintana. Este solicitoulle unha partida económica para recuperar a área da antiga Lagoa da Antela, destruída pola desecación acometida durante a época franquista. Trataríase dunha recuperación parcial en terreos de titularidade pública e sen que afecte ás zonas de cultivo nin as actividades das empresas de gravas. Para saber máis sobre este enclave hai un libro titulado 'Antela, a memoria asolagada', que publicou Xosé Luís Martínez Carneiro en Xerais, no que se ofrece un amplo percorrido fotográfico polas diferentes faces da Lagoa dende a súa desecación ata os traballos de concentración parcelaria, e mais un conxunto de estudios científicos que permiten coñecer a interrelación do ser humano coa veiga antelá ao longo dos séculos.

- 10:54 20/02/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: