O actual secretario xeral de Cultura, Carlos Amoedo, revela que días antes do traspaso de poderes o equipo do ex conselleiro 'limpou' toda a documentación.
O debate na comisión de investigación da Cidade da Cultura foi moi axitado este venres. O secretario xeral da Consellería de Cultura, Carlos Amoedo, revelou que no mes de xullo de 2005 o departamento que daquela dirixía Pérez Varela comprou numerosas destrutoras de papel para eliminar documentación, entre a que había papeis referentes ao Gaiás. Tamén asegurou que os nacionalistas atoparon os ordenadores 'limpos'
Amoedo afirma que a actual consellaría decidiu seguir adiante coas obras xa que, do contrario, perderíanse uns 200 millóns de euros dos 284 que deixara adxudicados o PPdeG en 2005. Segundo o actual secretario xeral, Pérez Varela preocupouse de “deixar todo ben atado”