Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cita este luns na Comisión sobre o Gaiás

O control dos cartos públicos era "trámite" secundario para Pérez Varela

"O proxecto ten certa urxencia", metía presa en 1999 o ex conselleiro ao arquitecto, nunhas conversas feitas públicas agora pola Cadena Ser.

Redacción - 09:00 29/10/2007

Segundo as instrucións recibidas polo arquitecto, Peter Einsmann, por parte do daquela conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, o control dos cartos públicos reducíase a un "mero trámite administrativo". En gravacións feitas públicas pola Cadena Ser esta fin de semana, Pérez Varela expoñíalle o 19 de setembro de 1999 ao arquitecto que "o que se pretende don dúas cousas, a primeira e fundamental que o proxecto marche moi ben e que os niveis de control e calidade sexan extraordinarios". Por outra parte, o ex conselleiro afirmaba que o segundo punto "é un mero trámite administrativo, que é o control do diñeiro público, é dicir, que alguén ten que levar o control dos traballos, tanto pola súa parte como pola parte da administración".

Sen calendario para o proxecto
Durante a conversa, Pérez Varela evita dar detalles do proxecto, malia os requirimentos ao respecto de Eisenmann. "Eu quero dicirlle que o que pretendemos é dar ideas xerais, dámoslle acaso a levadura, e o pan teñen que facelo vostede e o seu equipo". "Non necesariamente ten que tomar a pé da letra o que aquí se di", indica Pérez Varela, "o seu talento, imaxinación e capacidade creadora decidirán como vai quedar, porque se non, non contratariamos un mestre, senón unha persoa".

"Falando de calendario", sinala tamén o ex responsábel de Cultura, "esqueceume dicirlle unha precisión e é que efectivamente, e sen reducir a calidade do proxecto nin coartar a súa capacidade creadora, gustaríanos que fose o máis axiña posíbel, como lle dirá o presidente do Goberno, o proxecto ten certa urxencia".

'Galicia tradicionalmente como usted sabe ha sido un país pesquero, agrario y ganadero, y queremos transformarlo en un país con prepotencia en los sectores de servicios, en el turismo, en la industria y, sobre todo, en la tecnología; como queremos que el proyecto sea un símbolo del siglo que viene, también lo que vaya dentro que sea un símbolo del siglo que viene, del nuevo milenio', apunta Pérez Varela.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: