O que fora máximo responsábel da Consellaría de Cultura, di que a anterior Xunta tivo que apandar porque as obras podían pararse.
O ex conselleiro de Cultura non ten dúbida, sabido o sabido, volvería apostar pola Cidade da Cultura tal e como fixo no seu momento. Nunha entrevista na Radio Galega, sostivo que o executivo popular tivo que "tourear co arquitecto que, como todos os artistas, teñen as súas manías". Con estas sorprendentes palabras explicou a razón pola que un proxecto que contemplaba 72.000 metros cadrados acabou en 105.000. Referíndose a Einsenman afirmou que "o Goberno non tivo máis remedio que aceptar algúns dos reaxustes que pediu porque, se non, como é o dono intelectual da obra, é quen de parala"
Xesús Pérez Varela asegurou ter a conciencia moi tranquila e dixo non temer enfrontarse á comisión parlamentaria que investigará as posíbeis irregularidades no Gaiás. O ex conselleiro cre que non se fai xustiza cun proxecto que considera que está chamado a converterse nun dos emblemas culturais máis importantes de Europa.