Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUNHA ENTREVISTA

Pérez Varela: “Feijoo está tan implicado na Cidade da Cultura como estamos todos”

O ex conselleiro de Cultura segue a defender o proxecto do Gaiás e reitera que foi unha decisión unánime do PPdeG.

Redacción - 14:16 01/10/2007
Tags: Gaiás obras

Xesús Pérez Varela non ten pensado cargar ao lombo con toda a culpa. Nunha entrevista concedida a El País, o ex conselleiro reiterou a importancia do proxecto do Monte Gaiás e deixou un coitelo no ar: “Creo que o señor Feijoo, que ademais era membro do Goberno cando se aprobou unha parte da obra, está tan implicado coa Cidade da Cultura como estamos todos”.

O ex conselleiro, que tantas críticas ten recibido polo control que a anterior Xunta exercía sobre a prensa, asegura que “a comunicación está máis mediatizada polo poder agora”.

Poden ler aquí a entrevista completa.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: