Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Convocatoria do Comité Cidadán

Máis de mil habitantes da ría de Ferrol concéntrase contra Reganosa

Esixen a dimisión dos responsábeis da entrada do Galicia Spirit na ría ferrolá.

Redacción - 17:27 12/05/2007
Cartel da convocatoria

Cartel da convocatoria

O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol convocou máis de mil persoas nunha concentración de rexeitamento a Reganosa que se desenvolveu o sábado ao mediodía no peirao de Curuxeiras, en Ferrol.

Deste xeito, a agrupación amosou o seu rexeitamento á posta en funcionamento da planta de gas de Mugardos e á entrada na ría do Galicia Spirit, gaseiro cargado con 145.500 metros cúbicos de combustíbel. O buque abandonou a primeira hora da mañá Reganosa, onde levaba atracado dende o mércores.

Os convocantes da concentración recolleron sinaturas para esixir o cesamento do capitán marítimo de Ferrol, Jorge Cao Ruíz, do presidente da Autoridade Portuaria, Amable Dopico, e do delegado do goberno central, Manuel Ameixeiras, por teren permitido a entrada do Galicia Spirit, poñendo en grave perigo a vida da poboación próxima e a riqueza marisqueira da ría.

Aínda que o barco xa marchou da zona, a súa carga de gas licuado quedou no interior dos tanques da planta de Mugardos. O Comité Cidadán anunciou, ademais, que os mariscadores volverán bloquear a entrada da ría de Ferrol cando chegue o próximo buque metaneiro.


4,6/5 (15 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: