Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Un buque metaneiro é como 50 bombas de Hiroshima"

O gas chega a Reganosa sen plan de emerxencias fronte a accidentes

Un cento de profesionais de urxencias e emerxencias asinan un manifesto denunciando a ausencia dun plan fronte a posíbeis incidentes na planta.

Redacción - 09:00 10/05/2007

Cando en 2002 en Hong-Kong tivo un accidente o Gaz-Poem, evacuouse a poboación dun radio de 30 quilómetros. En Sidney, a planta de gas de Long Ford sufriu tamén un accidente onde un incendio queimou 800 toneladas de gas: evacuáronse 40 mil persoas.

Reganosa, con capacidade para 600 mil metros cúbicos de gas e ás portas das vivendas dos ferroláns, podería causar un auténtico desastre no caso de sufrir un accidente a propia planta ou calquera dos buques gaseiros que entrarán na ría.

Por este motivo, os profesionais de emerxencias da área de Ferrol denuncian que nesta altura e coa factoría facendo xa probas, aínda non se deseñou un plan de emerxencias. "É unha das maiores ameazas para a vida que existen en toda Europa", queixouse este mércores Carlos Lareo, membro do 061 en Ferrol.

Unha explosión froito dalgún escape de gas, queimaría unha extensión de ate 8 quilómetros, chegando até Fene e Mugardos. "Poderiamos ser o segundo Chernobyl ou Bopal", advirten.


4,53/5 (19 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: