Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: reganosa

8/Xuño/2010 /

Veciños de Ferrolterra critican a indiferenza da Xunta cos riscos a pé da gaseira

Lonxe de aclarar o acontecido, a postura oficial sobre o incendio en Forestal do Atlántico no mes de abril aumenta a sensación de inseguridade entre a veciñanza.


23/Abril/2010 /

Nova faísca de inseguridade na "bomba de reloxería" da ría ferrolá

Un lume na noite do luns ao martes no complexo petroquímico contiguo á regasificadora volve meterlle o medo no corpo á veciñanza.


3/Abril/2010 /

Un de cada catro gaseiros atranca á porta da ría ferrolá

Reganosa é "perigosa" e "deficitaria", insiste o CCE. As cifras da gaseira non cadran e a meteoroloxía e a estreita bocana da ría complican o tránsito.


26/Marzo/2010 /

Reganosa teima en verter augas residuais sen control na Ría de Ferrol

Dende que entrase en funcionamento en 2007, a regasificadora botou 115 millóns de metros cúbicos de augas sobrantes.


22/Febreiro/2010 /

Os datos demostran a realidade do mercado: "A planta de Mugardos é innecesaria"

Ao tempo, o CCE solidarízase cos mariscadores xulgados este luns polo peche en 2007 na Autoridade Portuaria de Ferrol.


10/Febreiro/2010 /

O saneamento da Ría do Burgo, a debate en Europa

Esquerda Unida presentará unha iniciativa no Parlamento Europeo para acelerar a súa limpeza. Tamén pedirá en Bruxelas o peche de Reganosa.


10/Febreiro/2010 /

Dereito a vivir "libres deste perigo"

O Comité Cidadán avisa de que un accidente como o recente en Connecticut en zona apenas poboada, causaría "milleiros de vítimas" na ría ferrolá.


17/Xaneiro/2010 /

O Comité Cidadán de Emerxencia denuncia a entrada dun gaseiro que excede a capacidade máxima

O colectivo considera que a entrada do 'Ibérica Knutsen', aumentou o xa de por si "grave risco" para a cidadanía no contorno da ría de Ferrol.


15/Decembro/2009 /

Concentración contra a chegada dun novo gaseiro

Trátase do buque número 57 con destino a Reganosa dende que a planta iniciase a súa actividade en maio de 2007.


Continúa aberto o expediente do Parlamento Europeo sobre Reganosa
3/Decembro/2009 /

Continúa aberto o expediente do Parlamento Europeo sobre Reganosa

Esquerda Unida emitiu un comunicado onde "desminte con rotundidade" que a denuncia fose arquivada, tal e como publicou nas últimas horas algún medio.


11/Novembro/2009 /

Prenden lume no local da asociación veciñal contraria a Reganosa

A presidenta do colectivo subliña que non houbo ningunha intención de roubo, senón a de queimar diferente documentación.


14/Outubro/2009 /

Os vertidos de cloro, motivo abondo para a retirada de licenza a Reganosa

Os ecoloxistas sinalan que o incumprimento por parte da planta dos termos de autorización de Augas de Galicia xustifican a revogación do permiso.


16/Agosto/2009 /

Medio cento de gaseiros, e a voz dos veciños non desfalece na ría ferrolá

O Comité Cidadán de Emerxencia mantén viva a protesta coincidindo coa chegada á ría do gaseiro número 50 con destino a Reganosa.


30/Abril/2009 /

Alegacións á ampliación da capacidade regasificadora de Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia considera que a ampliación da capacidade da gaseira, multiplicaría o risco do tráfico de buques e o vertido de combustíbeis na ría de Ferrol.


13/Abril/2009 /

A gaseira ferrolá queda obsoleta cos novos megabuques

As limitacións de acceso á planta póñense de manifesto especialmente cos grandes barcos que comezan a operar no sector.


29/Marzo/2009 /

A Reganosa non lle saen as contas

Os opositores á planta denuncian as intencións da regasificadora de, así a todo, duplicar a súa capacidade.


13/Marzo/2009 /

A Administración manterá con 60 millóns de euros anuais a Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia ratificou a súa denuncia perante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e presentou a documentación da que dispón.


7/Novembro/2008 /

"Reganosa saquea as contas públicas e escatima á hora de tributar"

O colectivo de Ferrol denuncia a dobre contabilidade que emprega a regasificadora: din que manexa dous orzamentos diferentes co ánimo de defraudar.


25/Outubro/2008 /

Artistas locais pintarán nas prazas de Ferrol 'pola defensa da ría'

O proxecto é unha inciativa do Comité Cidadán e da Concellaría de Cultura da cidade.


18/Xuño/2008 /

O Comité Cidadán exíxelle á Xunta que acate a nova sentenza do TSXG contra Reganosa

O xuíz invalida o cambio de usos do solo dos terreos nos que se asenta a regasificadora, pola ausencia da Declaración de Impacto Ambiental.