Álvarez   Blázquez,

Unha luzada de estrelas As Letras 2008 homenaxean o poeta, o investigador, o historiador e o editor que foi Xosé María Álvarez Blázquez. Mais lembran fundamentalmente un traballo silandeiro e continuado: o labor do mediador, imprescindíbel en calquera cultura, que como dinamizador do traballo colectivo serve de nexo e estada de todas as iniciativas. Álvarez Blázquez, ben fose como arqueólogo ou a través da editorial Castrelos, ben nas escolmas en que recuperou un inxente corpus literario . case perdido, foi, ao cabo, un buscador de tesouros.

descargar libro Vieiros regálache unha edición facsímile do primeiro poemario de Álvarez Blázquez, 'Poemas de ti e de min', escrito nos anos trinta mantendo a liña estética do neotrobadorismo, e editado en 1949, sendo o terceiro libro publicado en Galiza na nosa lingua despois da Guerra Civil.
PDF, 11 Mb, descárgao aquí >>

Unha ollada de perto

Foto Ollada A homenaxe a Álvarez Blázquez é, en parte, un recoñecemento a unha saga que acumula xa catro xeracións de literatos, realizando un traballo fundamental na construción da cultura galega dende finais do século XIX. Emilio Álvarez Giménez, Darío Álvarez Limeses (pai de Xose María Álvarez Blázquez, fusilado en 1936), Xerardo Álvarez Limeses (tío do homenaxeado), Emilio Álvarez Blázquez (irmán de Xosé María)..., até chegar ao último elo (polo de agora), no que Alfonso, Celso e Xosé María acabaron convertidos en escritores ou filólogos, e Berta Álvarez Cáccamo ligada ao mundo das artes visuais.

"Para el a cultura non era un traballo de francotiradores, por moi talentosos que fosen, senón unha construción colectiva"

"Para el a cultura non era un traballo de francotiradores, por moi talentosos que fosen, senón unha construción colectiva"

Celso Álvarez Cáccamo fala sobre a relación que mantivo seu pai co galeguismo histórico, e mesmo con Portugal e a Lusofonía.

"Meu pai era un traballador de fondo, con poucas arelas de facenda; traballaba por amor á cultura"

"Meu pai era un traballador de fondo, con poucas arelas de facenda; traballaba por amor á cultura"

Alfonso Álvarez Cáccamo repasa a relación de seu pai cos seus fillos e analiza a súa personalidade, salientando a forma en que realizaba o seu labor cultural de xeito calado e silandeiro.


Seis voces en movemento

Reunimos a seis autores novos para que lesen os seus textos para Vieiros, e tamén para coñecer a súa visión sobre o Día das Letras e a figura de Álvarez Blázquez, cuxo recoñecemento

nas vindeiras décadas parece asegurado. Ademais, preguntámoslles polas súas propostas para os homenaxeados dos vindeiros anos; e semella que entre a nova xeración de escritores a reivindicación de Lois Pereiro é maioritaria.

María do Cebreiro

"Na cultura non debería haber nada sagrado de por si, e menos os criterios"

Diego Ameixeiras

"O Día das Letras é unha celebración demasiado solemne, que responde a unha forma de ver a cultura que non comparto"

Oriana Méndez

"Apostaría por Lois Pereiro, aínda que non vai saír porque os criterios da Academia non van por aí, de momento"

Lorena Souto

"Créame curiosidade a maneira que terían as autoridades de tratar a figura de Lois Pereiro"

Olalla Cociña

"O esforzo ten que ser máis a nivel persoal, na rúa, no día a día, e non tanto nas institucións"

Mario Regueira

"O Día das Letras é a manifestación dunha anormalidade do país e do sistema literario"


Poesía cifrada

foto Un disco para 'Colorín'

Un disco para 'Colorín'

O Proxecto 'Entre o Miño e o Mar de Vigo' de Sons Galiza continúa a xeira iniciada co volume 'María Mariño, Palabra no tempo que comeza', o pasado ano. Componse dun documental en DVD sobre a vida de Álvarez Blázquez e dun disco, 'Colorin', no que que Eloi Caldeiro musica once poemas do autor.


Eloi Caldeiro

Ai nena, quen fora!

Eloi Caldeiro

No rego do prado

foto Álvarez Blázquez, entre o rock e o hip-hop

Álvarez Blázquez, entre o rock e o hip-hop

O Concello do Porriño editou o DVD 'Palabras liberadas', no que de xeito explícito buscaron 'liberar' os poemas de Álvarez Blázquez, e levalos á voz de media ducia de autores contemporáneos, e ás versións musicadas por grupos de estilos diversos: dende o rock, ao hip-hop, pasando pola música electrónica.


El Cubo

'Ao ver que non tiñas nome' (rock)

Kedro

'Ao ver que non tiñas nome' (hip-hop)


360º ao redor de Álvarez Blázquez

WEBS

As Letras, na rede
As Letras, na rede

A presenza do Día das Letras na rede aumenta ano a ano. Información e imaxes sobre Álvarez Blázquez, páxinas especiais nas webs dos centros escolares, debates e homenaxes nos blogs, e mesmo un xogo interactivo de preguntas e respostas sobre o autor homenaxeado.

VÍDEOS

Clicando nos vídeos poderás ver en youtube algúns poemas do autor, lidos por nenos, con fondo musical e acompañados de secuencias de imaxes.

video youtube

Romance do pescador peleriño

video youtube

O merlo poeta

video youtube

A Xoaniña

video youtube

Poema I

video youtube

Poema II

video youtube

Poema III

video youtube

Poema IV

video youtube

Poema V



Letras 2008, axenda

logo axenda
As citas da Semana das Letras

Este ano Vigo acollerá este ano os actos centrais do 17 de maio, aínda en case todas as cidades e vilas do país celebrarán actividades ao redor de Álvarez Blázquez ou, nun senso máis amplo, das Letras. Destacan as organizadas en Tui, polo vencello do autor co Baixo Miño, na Coruña, que repetirá o seu cortexo cívico, ou en Ferrol, que celebra un acto masivo no Teatro Jofre. mais

A Coruña reivindícase como 'cidade galega'

...e no 2009?

no 2009
Ti a quen homenaxearías?

Nas vindeiras semanas a Real Academia comezará o debate para escoller o autor homenaxeado no ano 2009. Soan nomes como Carvalho Calero, apoiado moi activamente por numerosos colectivos e polo propio Concello de Ferrol, mais tamén o de Lois Pereiro ou Ánxel Casal, e o de moitas outras persoas, ás veces cun forte respaldo local.
mais


Así vive as letras

Ezequiel Mosquera

Ezequiel Mosquera
Ciclista do Karpin GZ


"Aínda que non teño moito tempo para ler, cando o fago é sempre en galego. Cando es neno dáste de conta de que se trata dun día especial, e iso queda marcado na memoria".

María Seoane

María Seoane
Presidenta de Novas Xeracións


"Penso que é un día de concordia, para enxalzar o valor da nosa lingua como canle de comunicación entre todos os galegos"

Iria Aboi

Iria Aboi
Secretaria xeral de Galiza Nova


"O Día das Letras é todos os días. A nivel social é unha data con moito simbolismo, aínda que debería repercutir nunha actitude máis comprometida por parte de toda a sociedade"

loli.jpg

Loli Rodríguez
Secretaria xeral das Xuventudes Socialistas


"Debería ser un día laboral e lectivo, para que os nenos nas escolas puideran vivir a xornada e darse de conta do valor que ten a nosa lingua"

Berto Yáñez

Berto Yáñez
Creador de Chuza!


"A rede é esencial para a promoción do galego, xa que é unha das maneiras que ten de saír ao mundo. Hai que traballar para o futuro"

Ignacio Vilar

Ignacio Vilar
Director de 'Pradolongo'


"Deberían terse en conta outros ámbitos, como o audiovisual e o cinema, e alí seguramente merecería Chano Piñeiro unha homenaxe"

Alfredo Bea

Alfredo Bea
Piragüísta


"O noso idioma está evolucionando moito. Agora temos a opción de acceder ás tecnoloxías en galego"

Vituco

Vituco
Líder de Ruxe Ruxe


"O máis importante deste día é todo o traballo que se fai nos colexios nas semanas previas, durante as que se estuda ao autor homenaxeado"


Agradecementos:

Vieiros agradece a colaboración da familia Álvarez Cáccamo, en especial de Xosé María, Celso e Alfonso. Así mesmo, a de Eloi Caldeiro e Sons Galiza, que cedeu dúas cancións do disco 'Colorín' para este especial. A do Concello de Porriño, que autorizou a difusión dos contidos do seu DVD 'Palabras Liberadas'. E a de Sabino Torres, propietario dos dereitos de 'Poemas de ti e de min' e Xosé María Álvarez Cáccamo e o CEP Riomaior de Vilaboa, que cederon o orixinal da obra para a súa distribución en soporte facsímile.