Propón como homenaxeado a Chano Piñeiro, pola súa achega á cultura galega.
"O día das letras debería ser todo o ano, os 365 días. Para min o 17 de maio é un día máis, no que recordo, principalmente, que nesta data Rosalía publicou o seu Cantares Gallegos. E está moi ben que se recoñeza unha obra literaria, pero debería terse en conta, igualmente, outros ámbitos, como o audiovisual e o cinema, e alí seguramente merecería Chano Piñeiro unha homenaxe, pola súa importantísima achega á cultura galega".