Cre que debería falarse o galego todos os días do ano, "pero nunca en confrontación".
"Penso que é un día de concordia, para enxalzar o valor da nosa lingua como canle de comunicación entre todos os galegos. É unha lingua de unión e non de confrontación, deben eliminarse as barreiras.
Dende Novas Xeracións imos festexar esta data coa celebración dun concurso de Poesía e Relato Curto en galego e tamén se fará unha homenaxe en Celanova a Curros Enríquez e por suposto, ao homenaxeado deste ano, Xosé María Álvarez Blázquez.
Trátase dun día para honrar as nosas letras, pero tamén os nosos autores. É interesante e bo para enxalzar a nosa lingua. Debería falarse o galego todos os días do ano, pero nunca en confrontación".