O deportista pasará o Día das Letras en Italia.
"Este ano o Día das Letras cólleme fóra, estamos en Italia, pero dende aquí tamén celebrarei esta data. É un día especial para Galiza e os galegos, debemos estar orgullosos de que a nosa lingua se fale, ademais de no noso país, en moitos lugares do mundo, porque os galegos chegamos a todas partes.
O que intenta este día é facernos sentir orgullosos da nosa lingua e promover o seu uso entre todos. Todo o que se faga para reivindicar o noso idioma é bo, e pouco a pouco conseguiremos levalo máis alá, cando non teñamos medo de sacalo fóra.
Ademais o noso idioma está evolucionando moito. Agora temos a opción de acceder ás tecnoloxías en galego, e tamén ao móbil e todas estas iniciativas están axudando a que a nosa lingua sexa cada vez máis utilizada.
En galego pódese facer poesía, narrativa... de todo! É unha lingua moi fermosa e hai que utilizala".