Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Loli Rodríguez, secretaria xeral das Xuventudes Socialistas

"Debería ser un día laboral e lectivo"

Aposta por que os nenos fiquen nesta xornada nos centros escolares estudando o autor homenaxeado.

Redacción - 14:22 15/05/2008

"Paréceme ben que exista un día dedicado ás nosas letras, pero o de que sexa festivo penso que é unha dificultade, a xente marcha de vacacións. Debería ser un día laboral e lectivo, para que os nenos nas escolas puideran vivir a xornada e darse de conta do valor que ten a nosa lingua.

Realmente o que me gustaría é que non tivese que existir un día dedicado ás letras galegas. Gustaríame que por fin lle désemos a suficiente importancia á nosa lingua para non ter que celebralo, pero mentres tanto hai que festexar que temos un día propio e demostrar que todos os galegos deberíamos estar orgullosos do noso idioma.

Por outra parte, penso que non cumpre a función coa que foi ideado. Fanse moitos actos, pero quedan na esfera reducida de quen os organiza, sen chegar á sociedade. Non é que sexa un día especial, a lingua é especial e deberíamos estar comprometidos con ela a diario".


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: