Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: funcionariado

A CIG rexeita a reforma da Función Pública aprobada pola Xunta de xeito "apresurado" e para "aparentar"
21/Abril/2010 /

A CIG rexeita a reforma da Función Pública aprobada pola Xunta de xeito "apresurado" e para "aparentar"

A Dirección Xeral reuniuse cos sindicatos este martes para os informar das modificacións introducidas ao funcionamento dos tribunais de selección.


9/Abril/2010 /

A Xunta prohibe ser opositor e tribunal ao mesmo tempo

O PSdeG cualifica os cambios de “remendo que non serve para tapar os buratos que hai nas oposicións nin impide a aparición de novos escándalos”.


29/Marzo/2010 /

Para unhas oposicións limpas: pechar os furados e facer ilegal o que é "amoral"

Os escándalos recentes demostran a urxencia de cambios malia a reticencia da Xunta. Falamos con formacións políticas e sindicais sobre as prioridades e modificacións posíbeis.


28/Marzo/2010 /

A suma de escándalos en oposicións leva o PSdeG a avisar de "baltarización" na Xunta

Os socialistas insisten en que a Xunta actúe diante das "milagres" e "casualidades" que agocharían casos de nepotismo e graves filtracións.


25/Marzo/2010 /

O PP teima en quitarlle importancia aos furados no acceso á función pública

O deputado socialista Xosé Manuel Lage denuncia as "tropelías" amparadas pola Xunta e reclama a nulidade de todos os procesos sen garantía de limpeza.


10/Xuño/2009 /

A "única administración do mundo" onde empregados descoñecerán a lingua oficial

A Mesa pola Normalización Lingüística cualifica de imposición "prepotente" do PP a modificación da Lei de función pública.


31/Agosto/2007 /

Touriño di que os altos cargos xa cobraban pluses desde hai nove anos

O presidente da Xunta asegura que no caso dos altos cargos do Goberno implicará o gasto de "arredor dun millón de euros".


17/Xullo/2007 /

En 15 meses estará lista a nova lei da Función Pública

A nova norma quere reducir a temporalidade e consolidar o emprego. Só farán as oposicións en galego aquelas persoas que opten a postos que requiran un "especial coñecemento" da lingua.


15/Xullo/2007 /

O PPdeG di que a Xunta blindará prazas "a dedo" e o PSdeG asegura que eses postos vanse limitar

Os populares din que a Xunta convocou 860 postos de libre designación en dous anos e que coa reforma da lei da función pública quere amarrar prazas asignadas "a dedo".