Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: emilio-perez-tourino

Touriño abandonando o Parlamento, esta cuarta feira, logo de comparecer ante os medios / Foto: F. Arrizado
10/Marzo/2010 /

Touriño deixa o seu escano no Parlamento

Cando se cumpre un ano da derrota do bipartito, o ex presidente confirma a súa retirada política renunciando ao asento de deputado.


23/Abril/2009 /

No PSdeG han xogar a unha mestura de "poker e crebacabezas"

Os socialistas auguran "bastante renovación" na Executiva. Tamén dan por feito que os alcaldes serán excluídos do máximo órgano.


18/Abril/2009 /

Touriño deséxalle éxito ao seu sucesor

O ex-presidente da Xunta considerou a sucesión un acto de normalidade democrática.


26/Marzo/2009 /

A Xunta pediralle á xuíza de Corcubión que abra dilixencias complementarias no 'caso Prestige'

Pérez Touriño di que "non lle gusta" da decisión da xuíza de deixar "libre de cargos" a López-Sors.


Constirución da Comisión Xestora do PSdeG, a pasada cuarta feira
8/Marzo/2009 /

"Sondaxe da vontade das bases" para elixir o novo líder do PSdeG

A Comisión Xestora socialista percorrerá esta semana todas as comarcas do país para recabar opinións sobre quen debe tomar o relevo de Emilio Pérez Touriño.


2/Marzo/2009 /

Reaccións á dimisión de Touriño

Os socialistas culpan á coalición co BNG e á crise do seu retroceso e lamentan non ter adiantado as eleccións, como se valorara en agosto.


23/Febreiro/2009 /

Touriño garántelles aos operarios cun ERE o 90% do seu salario

O líder do PSdeG tamén se comprometeu a facilitárllelo acceso a cursos de formación, mentres dure a crise e a redución de actividade empresarial.


20/Febreiro/2009 /

"Touriño compórtase como o sultán de Brunei", acusa o PP

O PSdeG retruca subliñando a "austeridade" do actual Goberno fronte ao "desbalde" de recursos públicos na etapa do PP na Xunta.


18/Febreiro/2009 /

Touriño 'relea' cos vendedores ambulantes de Ferrol

Un dos comerciantes explicoulle que aínda que a chuvia impida que monten o posto teñen que pagar a taxa diaria igualmente: o socialista prometeulle traballar nun seguro de mal tempo.


17/Febreiro/2009 /

Feijoo volve negarse a acudir ao debate, sen os tres cara a cara que planeou

A CRTVG envioulle unha carta a Xunta Electoral na que sinala que o que pide o popular non está nos seus plans de cobertura. O PSdeG rexeita un debate só con Quintana.


17/Febreiro/2009 /

"Non hai cacique que resista a forza democrática dos votos", afirma Touriño en Vilalba

Nun mitin na localidade luguesa de Vilalba, terra do seu predecesor no Goberno, Manuel Fraga, Touriño asegurou ante unhas 400 persoas que o voto "é o que iguala a todos os cidadáns".


Feijoo, este martes en Compostela
10/Febreiro/2009 /

Feijoo deixa o debate electoral no ar

O candidato do PPdeG reitera que só irá ao cita 'a tres' da TVG, se Touriño e Quintana aceptan en troques que tamén os haxa 'a dous'.


5/Febreiro/2009 /

A nai de Feijoo: "Di que casou con Galiza, e Galiza non me dá netos"

"Eu xa sabía que o que el propuxese, habíao conseguir". Falan os familiares no vídeo máis persoal de Feijoo.tv. Tamén hai vídeos biográficos en Quin.tv e en Touriño.tv.


Galiza2009
25/Xaneiro/2009 /

Núñez Feijoo e Pérez Touriño, á diáspora; Quintana e o BNG, non

PPdeG e PSdeG enviarán alcaldes, concelleiros e importantes cadros facer campaña no exterior, mentres que os nacionalistas só mobilizarán reforzos "puntualmente".


Galiza2009
24/Xaneiro/2009 /

A crise económica segue a protagonizar o discurso político na precampaña

Touriño, que presentou programa, pide "unidade". Feijoo aposta pola 'Consellaría do Mar'. Quintana propón un "complemento autonómico" ao paro.


Zapatero e Sócrates bromean con Touriño
22/Xaneiro/2009 /

TAV Vigo-Porto: nin rastro de 2013 no papel

Sócrates ratifica o compromiso dos gobernos portugués e español co proxecto, mais no comunicado oficial conxunto non se mencionan prazos concretos.


Touriño e Sócrates, este luns en Lisboa
12/Xaneiro/2009 /

Malia os antecedentes de 2008, Touriño garante o TAV Vigo-Porto para 2013

O organismo transfronteirizo leva meses advertindo do risco en que está sumido o proxecto. O presidente da Xunta, porén, salienta a súa "boa marcha".


12/Xaneiro/2009 /

"Sería unha frustración colectiva dar un paso atrás o 1 de marzo"

Cun pavillón ateigado relanzou o PSdeG-PSOE en Ourense a precampaña electoral.


1/Decembro/2008 /

PSdeG: na procura do impulso de Ferraz

Os socialistas esperan conseguir entre tres e catro escanos dos catro ou cinco que perderá o PPdeG, segundo as sondaxes.


25/Novembro/2008 /

Goberno español, Xunta e Citroën únense para paliar a crise na automoción

Será un grupo específico para o noso país, como o que xa existe en Cataluña e Castela e León. En xaneiro o Ministerio de Industria presentará un plan integral único para o sector. Tamén se falou da fabricación de coches eléctricos.