Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: birmania

11/Agosto/2009 /

Outra condena para a Nobel birmana Suu Kyi

Un tribunal fixou tres anos de traballos forzados, finalmente conmutados por un ano e medio máis de arresto domiciliario.


Superviventes do terremoto de China
16/Maio/2008 /

A cifra de mortos en China pode chegar a 50 mil e en Birmania a 100 mil

Os datos oficiais recoñecen polo momento 19.500 e 43 mil, respectivamente. As chuvias torrenciais volveron este venres a terras birmanas.


10/Maio/2008 /

A Xunta Militar birmana decide desenvolver o referendo constitucional

Aínda sofren o paso do ciclón Nargis, que segundo estimacións das Nacións Unidas deixou máis de 100 mil mortos, mais queren seguir adiante coa consulta popular.


11/Maio/2008 /

Myanmar, algo máis ca un desastre

Aos devastadores efectos dun fenómeno natural, súmanse a incompetencia, a represión política, a manipulación, a falta de participación cidadá na vida pública e a pobreza. Análise de Francisco Rey.


Irrawaddy
8/Maio/2008 /

Birmania recoñece 80 mil mortos, mais a cifra podería superar os 100 mil

A Xunta Militar que goberna o país aceptou a axuda humanitaria de Estados Unidos.


6/Maio/2008 /

Birmania, ao bordo dunha crise sanitaria, segundo a ONU

Acusa o goberno militar de non tomar medidas para afrontar o ciclón Nargis, mentres seguen a medrar as cifras oficiais de mortos.


6/Maio/2008 /

O número de vítimas en Birmania elévase ás 15.000

A xunta militar adía o referendo constitucional nas áreas afectadas até o día 24.


5/Maio/2008 /

O número de mortes no ciclón de Birmania podería chegar ás 10.000

O paso do Nargis polo país asiático deixou centos de miles de persoas sen fogar nin alimentos.


5/Maio/2008 /

Máis de 350 mortos en Birmania polo paso dun ciclón

Declarado o estado de emerxencia, no medio dunha catástrofe con milleiros de vivendas destruídas.


4/Outubro/2007 /

Arrestos masivos en Myanmar despois da marcha do enviado da ONU

Serían xa máis de dous milleiros de detidos polo exército birmano, segundo as críticas da oposición, descoñecéndose o paradoiro da maioría deles.


2/Outubro/2007 /

O enviado especial da ONU reúnese co líder da Xunta Militar de Birmania

O goberno enmarca as protestas contra o réxime nunha estratexia "neocolonialista" de desestabilización.


1/Outubro/2007 /

Un himno pola liberdade do pobo birmano

A canción dedicada a Aung San Suu Kyi convértese no símbolo da resistencia.


28/Setembro/2007 /

O exército ocupa os mosteiros budistas de Birmania e corta o acceso a internet

Tropas destinadas no centro e no sueste do país diríxense cara a Rangún, e dúas divisións e varios avións militares están mobilizados.


27/Setembro/2007 /

A Xunta Militar birmana acusa á prensa internacional de "mentireira"

Segundo datos da axencia 'Efe' a represión das manifestacións causou até este xoves seis mortos, un cento de feridos e máis dun milleiro de detidos.


27/Setembro/2007 /

Preto dun milleiro de detidos en Birmania nunha nova ofensiva da Xunta Militar

A forza opositora ao réxime, a Liga Nacional para a Democracia, afirma que unha persoa morreu e outras sete resultaron feridas. China veta na ONU a imposición de sancións.


26/Setembro/2007 /

Reunión urxente na ONU logo da morte de varios monxes en Birmania

Varios relixiosos faleceron a causa das cargas levadas a cabo polas forzas de seguridade contra os manifestantes nas rúas de Rangún.


26/Setembro/2007 /

A policía birmana carga contra os manifestantes en Rangún

Unha decena de monxes foron golpeados e outros 80 foron detidos. O exército montou barricadas en diversos puntos da cidade.


25/Setembro/2007 /

Miles de monxes budistas desafían de novo á Xunta Militar de Birmania

Continúan as protestas nas rúas de Rangún, malia as ameazas das autoridades de actuar para evitalas. Este luns, produciuse a maior manifestación contra o réxime militar en 19 anos.