 
 
A ONU acusou a xunta militar de Birmania de non ter advertido a poboación sobre o perigo que ía supoñer a chegada do ciclón Nagis e volveu alertar da grave situación que se está a producir no país. 
Os centos de miles de persoas que perderon os seus fogares e a escaseza de auga e de comida poderían desembocar na extensión de epidemias polo país asiático. As últimas estimacións oficiais ofrecidas pola televisión birmana xa elevan o número de vítimas mortais do ciclón a 22.500 e 41.000 persoas desaparecidas.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto