A canción dedicada a Aung San Suu Kyi convértese no símbolo da resistencia.
A revolta popular contra o goberno militar de Birmania devolve á actualidade un tema do grupo irlandés U2. Walk on compúxose en 2000 dedicada á lider da resistencia pacífica birmana, Aung San Suu Kyi, premio Nobel da Paz o ano seguinte. O himno, que volvera cambiar de significado despois dos atentados do 11-S en Nova York, recupera agora a súa vertente de apoio á activista e ao pobo birmano en xeral.