Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protesta popular

A Xunta Militar birmana acusa á prensa internacional de "mentireira"

Segundo datos da axencia 'Efe' a represión das manifestacións causou até este xoves seis mortos, un cento de feridos e máis dun milleiro de detidos.

Redacción - 17:16 27/09/2007

A Xunta Militar de Birmania acusou este xoves á prensa internacional de publicar un "ceo de mentiras" sobre a represión das manifestacións dos monxes budistas, que até o momento causou seis mortos, un centenar de feridos e máis dun milleiro de detidos, segundo datos da axencia Efe.

"Algúns medios occidentais e antigubernamentais están sacando informacións distorsionadas para alentaren as protestas", sinala un editorial no diario oficial The New Light of Myanmar, empregado habitualmente polo réxime para difundir as súas mensaxes.

Transición "suave" á democracia
Segundo esta versión oficial, "a maioría do pobo, que quere gozar dunha vida pacífica e é favorábel á transición á democracia dun xeito suave, está gradualmente sufrindo as perversas consecuencias das manifestacións", precisou a nota.

A pesar de que Birmania sofre en varias cidades do país o maior levantamento popular contra a Xunta Militar en case dúas décadas, o principal xornal da prensa estatal dedicou a súa portada á chegada da lúa chea.

Respecto ao reconto de vítimas na represión das protestas, o diario admitiu un morto e tres feridos, mais asegurou que tamén resultaron feridos oito membros das forzas de seguridade.

China pide moderación
Dende Pequín, o goberno chinés fixo un chamamento a todas as partes implicadas no conflito en Birmania para que actúen con moderación, e pediulles aos medios de comunicación que non empeoren a situación esaxerando os feitos.

  • Máis información:
Blog ko htike's prosaic collection, dun disidente birmano no país, con fotos e vídeos das cargas.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: