Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RECOÑECEMENTO

Isaac Díaz Pardo recolle a Medalla de Ouro ao Mérito de Belas Artes

O pintor e galeguista recibiu este galardón, que concede anualmente o Ministerio de Cultura, das mans do xefe de Estado.

Redacción - 18:00 27/10/2009
Momento da entrega do premio

Momento da entrega do premio

A Medalla de Ouro ao Mérito de Belas Artes, que cada ano concede o Ministerio de Cultura, distingue a persoas e entidades destacadas no campo da creación artística e cultural, ou prestando servizos no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte e da cultura ou na conservación do patrimonio artístico. E este ano, entre outros 24 premiados, o recoñecemento recaeu sobre Isaac Díaz Pardo, quen tamén recibira hai dous anos a Medalla de Ouro de Galiza, pola súa entrega ao país.

O xefe de Estado foi o encargado de facer entrega dos galardóns e recoñeceu "a valiosa labor" de todos os premiados, persoas e entidades "marcadas pola excelencia en moi diferentes disciplinas creativas".


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: