Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O acto de presentación, este luns

Editan un libro sobre o compromiso de Díaz Pardo na Galiza do século XX

A Deputación de A Coruña publica a obra que se presentará este luns no Pazo de Mariñán.

Redacción - 12:16 21/04/2007
Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo

'Isaac Díaz Pardo. Creación e compromiso na Galicia do século XX' é o nome do libro co que a deputación coruñesa réndelle homenaxe ao intelectual galego. A presentación do traballo celebrarase este luns en Bergondo, no Pazo de Mariñán.

Até sede do organismo provincial desprazarase o propio homenaxeado, así como o presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda; e dos coordinadores da publicación Xosé Díaz e Guillermo Escrigas.

O pazo coruñés acollerá este acto, que comezará ás 20.00 horas e no que intervirán o presidente do consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes; Alfonso Paz-Andrade e o ex voceiro nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras. A presentación rematará coa actuación musical de Xoel López, líder do grupo Deluxe.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: