Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito fronteirizo

A Garda Civil fará unha "interpretación flexíbel" da lei no caso dos taxistas portugueses multados na Galiza

O secretario xeral do Eixo Atlántico -que estuda compensar os profesionais sancionados- dixo ter coñecemento de que se deu orde neste senso.

Redacción - 18:20 28/09/2009
Xoán Vázquez Mao

Xoán Vázquez Mao

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, manifestou este luns, en declaracións á axencia de noticias Lusa, que "está a ser estudada unha solución para compensar" os taxistas recentemente multados na Galiza.

Vázquez Mao dixo tamén ter coñecemento de que foron dadas instrucións aos axentes da Garda Civil para que fagan unha "interpretación flexíbel" da lexislación que impide a actividade dos taxistas portugueses no Estado Español.

O caso, denunciado a semana pasada polo presidente de Antal, "colleu de sorpresa" as autoridades españolas que, segundo o responsábel do Eixo Atlántico, se ofreceron "de inmediato" para resolver a cuestión, malia "non cuestionaren a actuación dos axentes".


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: