Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROXECTO EN REDE NATURA 2000

O Goberno autoriza a piscifactoría de Cabo Touriñán por “non ter impacto ambiental”

Pola contra, a Xunta suprimirá os proxectos previstos en Merexo, Seiruga, Laxe Brava e Chandriña.

Redacción - 14:14 10/09/2009
Tags: Touriñán
Reprodución virtual do primeiro proxecto de Pescanova

Reprodución virtual do primeiro proxecto de Pescanova

Un dos proxectos que xerou máis polémica dende o punto de vista medioambiental nos últimos anos acaba de ver a luz verde. O Goberno autorizou este xoves o inicio dun procedemento administrativo que vai “desbloquear” o proxecto de construcción dunha gran piscifactoría en Cabo Touriñán (Muxía). O propio presidente, Alberto Núñez Feijoo, asegurou logo do Consello da Xunta que se levanta o veto sobre Cabo Touriñán porque, a pesar de estar nun espazo de Rede Natura 2000, o macroproxecto empresarial “non ten impacto medioambiental”.

Pola contra, a Xunta bota abaixo outros catro proxecto que, aínda que de moita menor magnitude, non están exentos de polémica: Merexo (Muxía), Seiruga (Malpica), Laxe Brava (Ribeira) e Chandriña (Camariñas). Neste caso, Feijoo xustifica o veto porque as piscifactorías afectaban a casas e terras agrarias.

Porén, a Xunta dá vía libre a 19 dos 23 proxectos que deixara aprobado o bipartito no plan acuícola. Con estes, e co de Cabo Touriñán, o executivo de Feijoo considera que se pode “recuperar o liderado” no sector.


2,18/5 (17 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: