Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEMBRA QUE O PLAN AFECTABA DE CHEO A UNHA ZONA PROTEXIDA

A UE apoia a decisión da Xunta de prohibir a planta de Pescanova en Touriñán

A Unión Europea tería tomado medidas en caso de que a Xunta permitise a planta de Pescanova en Touriñán. O director xeral de Mercados e Relacións Externas de Pesca da UE, o galego César Deben, recoñeceu que unha piscifactoría na Rede Natura incumpre a normativa. Deben sinalou diante de numerosos xornalistas que as autoridades europeas seguiron con atención a polémica e consideran modélica a decisión do goberno. Pescanova tamén pretende construír unha piscifactoría nun espazo protexido da localidade portuguesa de Mira, algo que denunciaron diante da UE os ecoloxistas lusos.

- 20:04 06/02/2007
Tags:

O colectivo ecoloxista Adega, que se significou na oposición ao proxecto, mostrou a súa satisfacción coas palabras do director xeral comunitario. Un dos seus dirixentes, Daniel López Vispo, sostén que estas palabras confirman que houbo unha "chantaxe" política ao goberno galego. Cre que outros casos como o da piscifactoría de Rinlo ou a que Pescanova pretende montar en Mira son un claro exemplo de desenvolvemento insustentábel.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: