Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na presentación do candidato do PPdeG en Muxía

Feijoo promete construír a piscifactoría de Touriñán cando chegue á Xunta

"Gustaríame que hoxe estivésemos reunidos no parador e que despois cenásemos rodaballo de Touriñán", sinalou.

Redacción - 11:23 30/04/2007
Alberto Núñez Feijoo

Alberto Núñez Feijoo

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, acudiu este domingo a Muxía (Fisterra) á presentación do candidato popular á alcaldía e actual mandatario da vila, Alberto Blanco. Alí, baixo unha carpa instalada ao carón do polideportivo municipal, Feijoo comprometeuse ante os varios centos de asistentes a facer realidade a planta de Pescanova, ademais do parador, unha vez chegue ao Goberno.

Tamén Alberto Blanco fixo referencia ao holding pesqueiro, cando manifestou que a acuicultura "é o que máis futuro ten na zona".
Xa o pasado 1 de abril en Cee, Núñez Feijoo acusara o "Goberno bipartito" de ser o principal responsábel dos problemas que atravesa a Costa da Morte", por lle pór eivas a Pescanova no seu proxecto de construción dunha planta de Rodaballo en Touriñán.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: