Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Resultados polémicos

O Consello dos Gardiáns da Revolución comprométese a recontar os votos en Irán

O principal órgano lexislativo do país manifestou que fará un novo escrutinio do dez por cento dos votos, seleccionados aleatoriamente.

Redacción - 18:10 20/06/2009

O Consello dos Gardiáns da Revolución, o máximo órgano lexislativo de Irán, anunciou que está disposto a efectuar un reconto aleatorio do 10 por cento dos votos das eleccións presidenciais do pasado 12 de xuño. Deste xeito, pretende darlles lexitimidade a uns comicios que xa foron descualificados polo principal candidato opositor, Mir Hossein Mousavi.

Segundo declarou na televisión estatal iraniana un voceiro do consello, "aínda que non está legalmente obrigado, estamos dispostos a recontar o 10 por cento das urnas de xeito aleatorio en presenza dos representantes dos tres candidatos" derrotados.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: