O candidato da oposición reformista atópase en parodoiro descoñecido dende que terminaron os comicios, que describiu coma fraudulentos. Milleiros de iraníes concentráronse o domingo para apoiar a Ahmadinejad.
O candidato reformista iraní, Mir Hossein Mousavi, presentou formalmente un recurso o domingo contra o resultado das eleccións da pasada segunda feira en Irán, e animou os seus seguidores a continuar pacificamente as protestas contra os resultados oficiais, que lle deron a vitoria a Mahmoud Ahmadinejad, co 62% dos votos.
"Pedímoslles ás autoridades que nos permitan face unha manifestación nacional para que a xente poida amosar que non está de acordo co proceso electoral e os resultados", sinala Mousavi nun comunicado. Porén, dende a pasada segunda feira, o principal opositor a Ahmadinejad atópase en paradoiro descoñecido.
Dende que se coñeceron os resultados dos comicios presidenciais, a capital do país, Teherán, foi escenario de graves enfrontamentos entre opositores e policía, y hai un cento de detidos. No domingo, os partidarios de Ahmadinejad tamén saíron á rúa defender o presidente.
Ahmadinejad defende os resultados colleitados
Polo seu lado, o presidente iraniano, Ahmadinejad, defendeu este domingo, en conferencia de prensa, a lexitimidade dos resultados obtidos nas eleccións e sinalou que a oposición está molesta porque "gastaron moitod cartos en propaganda, e agardaban gañar". Tamén acusou aos medios de comunicación estranxeiros de non querer aceptar o resultado dos comicios.
Protestas na rede
Po outro lado, un voceiro de Mousavi explicou que o seu diario, 'Kalameh-ye Sabz', e máis a súa web foran clausurados polo goberno del Irán. Alén disto, segundo algúns medios, o servizo de mensaxes de texto interrompeuse en Teherán, e a BBC sinalou que o goberno estaba a empregar un "sinal electrónico potente" para interromper a emisión da súa cadea en persa.
Porén, aproveitando as tecnoloxías, algúns blogueiros iranianos decidiron poñer na rede as súas denuncias de fraude electoral, describindo a situación que se vive na capital do país dende que comezaron os enfrontamentos entre policía e opositores. Na web tamén se penduraron imaxes e vídeos das protestas e da contestación do goberno, e a narración tamén dos feitos ao momento pode ser seguida vía Twitter.
Para ampliar información: