O presidente da Xunta asina o decreto que reduce nun 25% as consellarías.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asinou este domingo o decreto de estrutura da Xunta, o cesamento dos conselleiros e o nomeamento dos novos membros do goberno. O novo Executivo contará, tal e como anunciara, cun 25% de consellaría menos, pasando de catorce a dez.
As Consellarías e os conselleiros do novo goberno son:
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Afonso Rueda Valenzuela
Facenda. Marta Fernández Currás
Medio Ambiente, territorio e infraestrutura. Agustín Hernández Fernández de Rojas
Economía e Industria. Xavier Guerra Fernández
Educación e Ordenación Universitaria. Xesús Vázquez Abad
Sanidade. Pilar Farjas Abadía
Cultura e Turismo. Roberto Varela Fariña
Traballo e Benestar. Beatriz Mato Otero
Medio Rural. Samuel Jesús Juárez Casado
Mar. Rosa Quintana Carballo
Anteriores: