O piloto bergantiñán é o único representante do país na última semana de competición.
Gómez Pallas, durante unha reportaxe de Vieiros no pasado mes de novembro
O carballés Fran Gómez Pallas mantense tomou a saída da décima etapa do rally Dakar, que decorrerá pola rexión chilena de Atacama, con saída e chegada na cidade de Copiapó. A etapa discorrerá polo deserto de Atacama, o máis árido do mundo, e conta cun dos tramos cornometrados máis difíciles da carreira. Trátase da segunda entrega dunha triloxía de etapas por este duro deserto chileno que rematan o mércores coa volta a terreo arxentino.
Gómez Pallas arrincou a etapa deste martes situado na 87ª posición da clasificación xeral, a máis de 56 horas do líder, o catalán Marc Coma. Co abandono de López Rivas a pasada fin de semana o motorista carballés constituíuse a única baza galega na primeira edición que o Dakar realiza fóra de África. Se consegue superar o deserto de Atacama, a Gómez Pallas quedaranlle só dúas etapas antes de chegar ao sábado, no que un último "paseo" levará os pilotos até Bos Aires para cruzar a liña de meta.