Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A CARREIRA CONTINÚA EN CHAN ARXENTINO

Pallas e López Rivas seguen adiante no Dakar

Os pilotos galegos mantéñense en carreira, despois de completarse o primeiro tramo dunha quinta etapa chea de abandonos.

Redacción - 11:45 07/01/2009
Imaxe da competición

Imaxe da competición

Fran Gómez Pallas e Xosé López Rivas continúan a súa participación no rally Dakar, e isto é o mellor que se pode dicir antes de que remate unha quinta etapa na que se están producindo multitude de abandonos. Nesta etapa, de 476 quilómetros, uniranse as vilas arxentinas de Neuquén e San Rafael.

Ao comezo da mesma Pallas ocupaba a 55ª posición dos 171 corredores que tomaron a saída na categoría de motos, a 32 minutos do catalán Marc Coma, que comezaba o día como líder. Na categoría de coches, López Rivas partía clasificado na 143ª posición, a algo máis de dúas horas do líder, o madrileño Carlos Sainz.

Os moitos abandonos poderían beneficiar aos pilotos galegos que, de manterse en carreira, mellorarían a súa clasificación.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: