Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MELLORES BANDAS DE VIGO

The Blows, Phantom Club e Inerttes, gañadores dos Premios Maketon

Obtiveron os galardóns ao mellor disco, mellor directo e mellor maqueta, respectivamente.

Redacción - 18:27 22/12/2008

A noite comezou coa entrega a Xavi Lomba (Avecesllueve Audiovisuais) do premio a mellor productor local 2008 por parte de Xosé Otero (director do programa A Kanteira de Radio ECCA e membro do xurado). Alberto Pousada (en representación de Estrella Galicia), entregaba a estatuilla de mellor disco local 2008 a Roi e Bruno do grupo The Blows polo seu Upskirts (Pupilo Records, 08).

A seguir, José Carlos Giménez (director comercial de Radio Vigo Grupo de Comunicación), dáballe a estatuiña ao mellor directo de grupo local 2008 a Seila 'Essencia', compoñente o grupo Phantom Club. O galardón á traxectoria musical local foi entregado por Suso Montero (encargado da Sala El Ensanche), a Juan Rivas, que con este premio se converte no único artista en acumular tres galardóns. O premio a mellor maketa de grupo local do 2008 foi para o grupo Inerttes.

A gala contou coa actuación, en primeiro termo, de Inerttes, mentres que Ragdog foi o grupo encargado de pechar o evento cun set semiacústico no que repasaron algúns dos temas incluídos no seu primeiro disco.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: