El Puto Coke, Cornelius, Zona Zero, Berrogüetto, SoundShepard e a Rede Galega de Música ao Vivo recibiron cadanseu recoñecemento.
				 
				
					Cornelius: Fool Forever
Os premios da música Maketón Estrella Galicia levan sete ano distinguindo ao mellor da música viguesa. Este ano os grandes triunfadores foron 
Cornelius, que optivo o premio ao mellor disco do ano por 
Greatest Hits. Zona Zero foi considerado o mellor directo de 2007, e 
El Puto Coke o mellor produtor. 
Soundshepard, unha banda moi nova, gañou o premio á mellor maqueta. 
Outros premios da noite foron para 
Berrogüeto, á súa traxectoria musical e para a Rede Galega de Música ao Vivo, que obtivo o Premio Especial da Musica Maketon Estrella Galicia, un galardón recollido por Miguel Martín, xerente do IGAEM.
A festa tivo lugar na Fábrica de Chocolate, onde actuaron 
CeoDei e 
Pacífico.