Vinte grupos e artistas e cinco produtores son os finalistas dos sextos premios da música Maketón Estrella Galicia, que se entregarán o sábado nunha gala que vai ter lugar na Fábrica de Chocolate, en Vigo. Máis de 2.000 votos recollidos na web de Maketón entre o 13 de novembro e o 15 de decembro serviron para elaborar a lista definitiva de nomeados. Na categoría de mellor directo están Álvaro Costas & Hot Band, The Blows, Pacífico, Kogito e Cornelius.
Aspiran a levar o premio a mellor produtor Iván Vivas, de Mix Plus; Anxo Bautista, de A-Beat; José Gutiérrez, de Soundworks; Gonso Pedrido, de Gonsound, e Javier Abreu, de Océano estudios. Optan ao mellor disco local Aphonnic, por Foolproof; Fon Román, por Silencio cómodo en un jardín descuidado; Catpeople, por Reel number one; Ectoplasma, por Amor por lo paranormal, e Mon, por Aprendiéndonos.
Aspiran a recibir o galardón á traxectoria musical local Juan Rivas, Eladio Santos, Carlos Núñez, Iván Ferreiro e o grupo Avalón. Por último, están nomeados ao Maketón Estrella Galicia á mellor maqueta local Solemne, por El golpe; The Blows, por 5 A.M.; Portrait, por Self; Austria, por Transitoria, e As flames die out, por Keys and wings. A gala de entrega de premios comezará ás dez e media da noite, e incluirá a actuación dos grupos Elodio y los seres queridos e Heissel.
Vídeo de Electricidad, de Ectoplasma: