Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENERXÍAS RENOVÁBEIS

A prensa inglesa faise eco do interese de Amancio Ortega no reparto eólico

The Independent revela as ambicións do fundador de Zara como presidente e accionista principal de Capital Energy.

Redacción - 13:00 02/12/2008

Que Amancio Ortega está interesado no sector enerxético non é xa ningún tipo de segredo. Con todo, o diario inglés The Independent informou este martes do ambicioso plan de investimentos que supostamente está na mente do fundador de Inditex. Segundo adianta este xornal as intencións de Ortega van máis alá do concurso eólico convocado pola Consellaría de Innovación e Industria, no que solicita un total de 739 megavatios dos 3.325 en xogo, e que prevé uns 20 parques. A súa intención é investir máis de dous mil millóns de euros nos vinderios 18 meses, nuns plans que irían máis alá do territorio do Estado Español.

O home que construíu unha fortuna de 30 mil millóns de euros co téxtil, entra agora de cheo no sector enerxético con proxectos en diferentes frontes. The Independent fala da produción de biocarburantes, da posta en marcha de parques eólicos mariños ou da enerxía solar fotovoltaica (de feito xa puxo en funcionamento varias plantas en Castela A Mancha e en Madrid). Así, xa se constituíron unhas dez sociedades participadas por Capital Energy, que se reparten en biofuel, solar, eólica e termosolar. Ademais, a empresa participada maioritariamente por Ortega está tamén presente en America Latina, Europa do Este e a India.

A información completa pódese ler en The Independent (From the high street to high winds: Zara boss bids to power the world).


Ligazóns

1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: