Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Corno de África

Un grupo armado retén en Somalia o fotografo galego Xosé Cendón

Gañador do World Press Photo 2006, estaba a traballar xunto cun xornalista británico -tamén capturado- nunha reportaxe sobre a pirataría.

Redacción - 19:20 26/11/2008
Xosé Cendón / Foto: Xosé Cendón

Xosé Cendón / Foto: Xosé Cendón

Varios homes armados reteñen dende esta cuarta feira o fotógrafo galego Xosé Cendón, de 32 anos e gañador do prestixioso premio World Press Photo 2006, e un xornalista británico na rexión semiautónoma de Puntland, no norte de Somalia.

Nun principio, a policía local informara do secuestro de dous profesionais occidentais, aparentemente británicos. Porén, o correspondente da BBC no país confirmou a nacionalidade dos retidos, e aclarou que estaban a realizar unha reportaxe sobre a pirataría.

Cendón colabora habitualmente para AFP, aínda que segundo confirmaron fontes desta axencia de noticias francesa, nestes momentos non estaba a traballar para eles. O Ministerio español de Asuntos Exteriores e o Foreign Office de Londres están tentando confirmar oficialmente o dato coas autoridades locais.

Dous xornalistas freelance, un australiano e un canadense, permanecen retidos en Somalia dende agosto Os profesionais estranxeiros adoitan ficar fóra do país e deixar o traballo sobre o terreo a somalís. Algúns seguen entrando, pagando a milicias locais en troques de protección. Segundo un responsábel do goberno somalí, Cendán e o seu compañeiro estaban na zona sen escolta oficial.


Ligazóns

4,6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: