Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe de Amnistía Internacional

O asasinato indiscriminado de civís, rutineiro en Somalia

Todas as partes en conflito executaron, violaron e torturaron. Por outra banda, a Confederación Española de Pesca pide que as tropas protexan os pesqueiros que faenan no caladoiro somalí.

Redacción - 09:00 07/05/2008

Amnistía Internacional (AI) publicou este martes un informe de 32 páxinas onde acusa a todas as partes implicadas no conflito de Somalia -o goberno interino e o exercito aliado etíope e mais os insurxentes islamistas- de cometeren abusos contra os dereitos humanos.

Asasinatos indiscriminados, execucións, violacións e torturas, así como as desaparicións e as malleiras son habituais nas rúas da capital do país, Mogadiscio, aínda que a verdadeira dimensión do horror se descoñece polo momento.

AI afirma que dende finais de 2007 recibiu un crecente número de informes de ataques cometidos sobre os civís principalmente polas tropas de Etiopía. Arredor dun millón de somalís viven como refuxiados no seu propio país, e unhas 6.500 persoas foron asasinadas o ano pasado.

Pesqueiros na zona

Por outra banda, a Confederación Estatal de Pesca (Cepesca) reclamou este martes a intervención das forzas armadas dos estados con flotas faenando no caladoiro de Somalia para garantir a protección dos buques, como "única" medida a adoptar a curto prazo.

O secretario xeral de Cepesca, Javier Garat, apelou á participación da ONU na seguridade desas augas, e avogou por que "os estados membros da UE se poñan de acordo e despreguen as forzas necesarias para protexer os barcos de pesca e os de recreo".


Documentos

3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: