Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ATÉ O 31 EN COMPOSTELA

Amal: a esperanza do cinema

O festival achegará durante toda a semana unha selección das mellores producións de ficción e documentais

Redacción - 12:45 27/10/2008

O esquema de proxeccións de Amal é simple: todos os días, ás seis e media da tarde, proxectaranse catro curtas na Fundación Caixa Galicia, con entrada de balde; ás sete e media, no Teatro Principal, é o tempo dos documentais; e ás dez da noite, no mesmo escenario, das longametraxes de ficción; a xornada péchase todos os días coa chamada 'sesión golfa', na que se proxectan filmes fóra de concurso pero con procedencia ou temática igualmente centrada nos países árabes. Pódese mercar un bono para ver dez filmes por só quince euros.

Na sección documental, este luns proxéctase Son Palestino, unha comedia musical coproducida entre Palestina e Cuba. Nos vindeiros días veremos A Jihad for love (martes 28, 19:30), unha achega moi interesante sobre a homosexualidade no mundo árabe do cineasta musulman e gai Parvez Sharma, rodada en doce países, mesmo algúns onde non tivo permiso para facelo; oi mércores veremos Tiro Libre, do chileno Marcelo Piña, que durante un ano seguiu por todo o mundo á selección palestiniana de fútbol, na súa pelexa por se clasificar para o mundial; o xoves, finalmente, After the war, un diario filmado en Beirut durante os 33 días da guerra do 2006.

En canto ás longametraxes, este luns a partir das dez da noite veremos a iraquí Ahlaam, que percorre a realidade actual do páis a través das vidas de tres persoas, de moi distinta condición e clase social. O martes chegará Andalucía, na que un mozo francés de orixe magrebí viaxa a esta rexión, fronteira entre europa e o mundo árabe. O mércores proxectarase a coprodución franco-alxerina Le maison jaune, e o xoves veremos a marroquí Waiting for Pasolini, que relata a historia dun figurante que despois de traballar nun filme de Pasolini, descobre corenta anos despois, ao chegar unha nova rodaxe extranxeira á súa vila, que o director italiano morreu hai tempo.

Amal inclúe outras opcións, como as 'sesións golfas' no Teatro Principal, nas que se poderán ver éxitos recentes, como Marrakesh Inshallah, Estación Central ou O Val de Ellah. O venres terá lugar a gala de clausura do festival (no Principal, a partir das nove da noite), coa entrega de premios, e a seguir, a Sala Capitol acollerá un concerto de Speed Caravan, que pechará a semana de cinema árabe en Compostela.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Ahlaam' preoxéctase este luns no Teatro Principal

Entrega de premios do pasado ano
Entrega de premios do pasado ano