Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non considera que usen "ficheiros"

O Supremo exime o Arcebispado de Valencia de anotar as apostasías nos seus rexistros

Anula unha sentenza da Audiencia Nacional que recoñecía o dereito dos cidadáns a anotar na marxe dos libros de bautismo o seu abandono da fe cristiá.

Redacción - 17:15 30/09/2008
Apostasía / Flickr: Michael Henderson

Apostasía / Flickr: Michael Henderson

O Tribunal Supremo anulou, esta terza feira, unha sentenza da Audiencia Nacional que consideraba os libros de bautismo como arquivos de datos da Igrexa, e as súas marxes como lugares válidos para facer anotacións sobre a renuncia á fe católica das persoas que decidisen apostatar. O Supremo admitiu, deste xeito, un recurso interposto polo Arcebispado de Valencia, o máis remiso no Estado Español en conceder a apostasía.

Esta sentenza tamén declara nula unha resolución da Axencia Española de Protección de Datos, de maio do 2006, que obrigaba ao Arcebispado Valenciano a realizar unha anotación na marxe dunha partida de bautismo dun cidadán que pedira cancelar a súa inscrición nos rexistros da Igrexa.

A resolución do Supremo considera que os libros de bautismo (tal e como sinalaba o Arcebispado de Valencia) non teñen a consideración de "ficheiro", polo que non están suxeitos á lexislación relacionada coa protección de datos.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: