Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crónicas da India (14)

Non hai ningún motivo para levar unha vida de violencia

O estigma do divorcio é tan pesado que a maioría das mulleres aturan o que sexa por seguir a carón do marido, que lles dá a respectabilidade social. Escribe María Reimóndez, de Implicadas no Desenvolvemento.

María Reimóndez - 09:30 04/08/2008
Tags:

Un longo camiño que dá resultados
Sorpréndeme que sexa o primeiro que me di. “Voume divorciar do meu home”. Umamaheshwari vive en Ramamoorthy Nagar, un dos suburbios onde o cambio é menos visible na aparencia, simplemente porque o terreo onde se asenta o suburbio pertence ao ferrocarril e a poboación non pode mellorar a súa vivenda nin os servizos ao carecer da propiedade, por moitas xestións que se levan feito o ferrocarril é inflexible.

Mais dentro das casas está claro que as cousas non permanecen en absoluto como estaban. Umamaheshwari xa non atura máis o alcoholismo do seu home, despois de 6 meses en asesoramento está claro que non hai máis saída para a súa vida que divorciarse. Os seus fillos, ademais, insisten en que por favor dea o paso canto antes. O estigma do divorcio é tan pesado que a maioría das mulleres aturan o que sexa por seguir a carón do marido, que lles dá a respectabilidade social necesaria para poder seguir vivindo nas súas comunidades. Isto en demasiados casos a costa da súa saúde física e mental, da súa independencia, da seu poder para tomar decisións sobre o seu propio corpo.

Mais está claro que nos nosos suburbios hai mensaxes que chegaron, unha delas, que non hai ningún motivo para levar unha vida de violencia, que hai camiños para saír dela e que deben procurarse. Isto é o resultado de catro anos de traballo reforzando os puntos claves do concepto do empoderamento: o empoderamento no psicolóxico, no social, no económico, no organizativo, no cultural e no político.

Agora as mulleres teñen a confianza suficiente en si mesmas e o respecto propio necesario para non aturar, o apoio dos grupos, o acceso a cartos tamén grazas a eles, mellor nivel educativo e os recursos legais dispoñibles á súa man. Umamaheshwari sabe que pode contactar cunha avogada de oficio e poñer en marcha os trámites. Comeza un camiño novo para ela, resultado dun longo camiño de traballo detrás.

Observar e celebrar
Avanzo polas rúas que agora pertencen só á comunidade, que decide poñer carteis nos que se indica que existe un consello de suburbio local. Isto se debate agora en Ramamoorthy Nagar, onde a propia comunidade mobiliza fondos de doazóns locais para instalar o cartel.

Igualmente traballan para que se peche o sumidoiro aberto, para o cal van ao concello, ou falan con TADCO para conseguir unha cadeira de rodas para unha veciña con discapacidade. Alá por onde paso, todo está en movemento, o meu papel agora consiste en pouco máis que observar e celebrar.

Crónicas anteriores:


2,5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: