Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crónicas da India (13)

Hoxe vin...

Un home varrendo a rúa diante da súa casa. Un rapaz lavando o seu prato. Unha muller xogando con dous homes ao karom. Casas sólidas e resistentes. Escribe María Reimóndez, de Implicadas no Desenvolvemento.

María Reimóndez - 10:51 03/08/2008
Tags:

Economía democrática
O consello de suburbio é agora unha fonte de recursos para a comunidade. As mulleres poden achegarse e pedir crédito para amañar a casa, organizar unha voda ou funeral, gastos médicos ou para un negocio. Os cartos aos que poden acceder grazas ao consello de suburbio e que en realidade xestiona o consello comunitario (o organismo que agrupa aos 10 consellos de suburbio existentes) son maiores cós de cada grupo de aforro individual e tamén poden chegar a persoas que estean en situación de especial necesidade.

Estes días é o meu traballo avaliar o seu funcionamento e avances agora que funcionan de forma independente, con apoio mínimo do persoal de PDI. No Consello de Suburbio de Paduvai Nagar tratan cuestións de infraestrutura, a distribución de material escolar ás nenas e nenos e logo teñen dúas solicitudes de crédito, unha para un negocio de venda de saris e a outra para mercar unha máquina de coser. As dúas mulleres explican a súa situación, fanlles as preguntas correspondentes (grupo de aforro ao que pertencen, estado dos seus créditos co grupo, que será logo comprobado) e explican o procedemento (interese, prazo de devolución, etc) para o crédito do Consello. A resolución comunicarase na próxima xuntanza. Alédame ver ás mulleres xestionar a economía de xeito democrático e solidario.

Hoxe vin...
Un home varrendo a rúa diante da súa casa. Un rapaz lavando o seu prato. Unha muller xogando con dous homes ao karom. Casas sólidas e resistentes. Un rapaz discapacitado coa súa cadeira de rodas. E ao fondo Malakottai, o templo que preside Tiruchy e que indica que o tempo do cambio é chegado.

Crónicas anteriores:


1,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: