Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crónicas desde a India

"Durante estes días decateime do moito máis fácil que me resulta o entendemento coas feministas do sur"

Unha vez máis, convidámolos a seguir o relato que María Reimóndez, de Implicadas no Desenvolvemento, fai do seu traballo na India.

María Reimóndez - 10:30 17/07/2008

A reflexión comeza desta volta en Madrid, un chisco antes de viaxar cara ao país asiático, e coincidindo co congreso Mundos de Mulleres.


O fogar no lugar máis inesperado
Despois de cinco días de traballo intenso as palabras de Nawal El Saadawi ecoan con máis forza ca nunca na miña cabeza: o fogar está aquí. O fogar somos nosoutras. Resulta estraño aplicar este concepto que tantas veces teño usado como incorpóreo e inmaterial a un lugar que por principio distaría moito de axustarse á palabra: Madrid. Primeiro, porque non me gustan as grandes cidades. Segundo, polas connotacións centralistas e imperiais que leva consigo o lugar.

Diso tamén houbo, que conste. Mais non borra o espazo que compartín con 3.500 mulleres máis de todo o mundo, para crearmos o noso mundo. Remata o Mundos de Mulleres, coa sensación forte de non estar soa, co ánimo de que de cando en vez, entre tanta loita diaria, verse cara a cara, falar, compartir, debater, cambia as cousas. Dá azos. Os que tantos precisamos.


Latitude, lonxitude
Hai persoas que se desprazan e outras que simplemente se moven. Desprazarse é poñerse no lugar da outra, e ser capaz de ver a realidade dende diferentes puntos de vista, estando dentro e fóra dunha mesma a un tempo, como describía Patricia Powell no Mundos de Mulleres o acto de escribir.

Para poder desprazarse cómpre saber de que lugar se parte, e isto é algo que cada día teño máis claro que reside no problema principal dos imperialismos de todo tipo. Non saber onde se está. Ignorar as implicacións de crerse o centro. Durante estes días decateime do moito máis fácil que me resulta o entendemento coas feministas do sur (as feministas dos tres terzos, que diría Chandra Talpade Mohanty, para lembrar que as do “norte” ou privilexiadas non somos máis ca un terzo) que coas feministas “españolas”.

Como co famoso Manifesto fascista polo idioma, teño a sensación de que hai xente que non sabe en que mundo vive, inventa un simplemente no que poder manter o seu poder. Niso vou pensando mentres me desprazo polo aire e os aeroportos.


Ligazóns

2,94/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: