Tito Lesende, Xosé Manuel Pereiro, Patricia Romero e Ramón Domínguez terán nas súas mans a difícil decisión.
Damos a coñecer a composición do xurado de A Polo Ghit 2008, as catro persoas que terán sobre si a responsabilidade de decidir a metade dos dez temas finalistas e, despois, cal deles nos representará no festival Liev Lavlut en Luleå. Son:
- Tito Lesende, crítico musical. Dirixe o programa "Música dispersa" en Radio Galega Música.
- Xosé Manuel Pereiro, ademais de decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia foi compoñente do grupo Radio Océano, banda que puido representar a España no festival de Eurovisión de 1986.
- Patricia Romero, presidenta do club de fans da orquestra Panorama.
- Ramón Domínguez, dillei Zarpaelamor, é un dos blogueiros do colectivo La Nevera 61, picadiscos ocasional e organizador de festas eurovisivas.
Os outros cinco finalistas decidiranse pola votación do público que entre na web de
A Polo Ghit ou participe telefonicamente nos programas da
Radio Galega. O prazo remata xa a semana que vén, e o sábado 2 de agosto coñeceranse os dez temas finalistas.