Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Datos de 2007

A tortura en Galiza: 41 persoas afectadas e só 16 denuncias

A Coordinadora para a Prevención da Tortura presentou esta fin de semana en Bilbo o seu relatorio anual a nivel estatal.

Redacción - 17:45 02/06/2008
O relatorio publícase por cuarto ano consecutivo

O relatorio publícase por cuarto ano consecutivo

A Coordinadora para a Prevención da Tortura (CPT) presentou este sábado en Bilbo (Euskadi) o seu relatorio A Tortura no Estado Español, correspondente ao ano 2007. As denuncias recollidas no informe, elaborado por cuarto ano consecutivo, axústanse á definición da Convención da ONU. En total, rexistráronse 319 novos casos con 689 persoas afectadas.

No entanto, a CPT salienta que o número real de casos de malos tratos/tortura é superior ao que reflexa o estudo, xa que hai un número indeterminado de denuncias das que non se ten coñecemento, así como outras das que este se dá unha vez elaborado o informe. Así, por exemplo, o Relatorio de 2004 rexistrou 755 denuncias, aínda que a día de hoxe a CPT ten constancia de que o número exacto é 917.

Noutros casos, a CPT si ten coñecemento mais non se inclúen ben por petición expresa da persoa agredida, ben porque a información recibida é insuficiente ou non está debidamente contrastada. Por último, cómpre ter en conta que moitos casos de tortura non se denuncian, sinalan.

Aumenta o medo a denunciar

"Constatamos que esta situación de non denunciar as agresións sufridas, que até agora era habitual en migrantes sen documentos e en persoas presas, aumenta en persoas que son agredidas por participar en mobilizacións sociais.", afirman dende a CPT.

Con 16 denuncias e 41 persoas afectadas, Galiza sitúase en sexto lugar na listaxe das zonas onde se producen máis casos, precedida de Cataluña, Madrid, Andalucía, Euskadi e País Valenciano. No entanto con respecto ao número de habitantes, Melilla lidera a clasificación.


Documentos

4,64/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O informe presentouse esta fin de semana en Bilbo (clique para ampliar)
O informe presentouse esta fin de semana en Bilbo (clique para ampliar)
Clasificación por número de denunciantes de casos de tortura (clique para ampliar)
Clasificación por número de denunciantes de casos de tortura (clique para ampliar)
Clasificación por número de denunciantes en relación co número de habitantes (clique para ampliar)
Clasificación por número de denunciantes en relación co número de habitantes (clique para ampliar)