Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fin da monarquía

A Comisión Electoral confirma a vitoria dos maoístas no Nepal

"Espero que EUA cambie a súa política", sinalou o seu líder, 'Prachanda'. O país norteamericano mantén o partido na lista de grupos terroristas.

Redacción - 18:25 24/04/2008
O PCN(m) conseguiu 217 de 601 escanos

O PCN(m) conseguiu 217 de 601 escanos

Tal e como estaba previsto, o Partido Comunista do Nepal (PCN), de corte maoísta, gañou as eleccións do pasado 10 de abril, segundo os resultados completos do escrutinio, difundidos esta quinta feira pola Comisión Electoral.

"A primeira reunión da Asemblea Constituínte porá fin á monarquía", afirmou o líder do PCN, Pushpa Kamal Dahal, coñecido como Prachanda, pouco despois de se confirmar que conseguiran 217 dos 601 escanos da Asemblea Constituínte, encargada de redactar unha nova Constitución e proclamar a república.

"Non podemos renunciar a todo tipo de violencia, mais acabaremos coa violencia reaccionaria", asegurou, ademais, sen ofrecer maior explicación, e agregou: "Agardo que EUA cambie a súa política". O país norteamericano mantén o PCN na lista de grupos terroristas.

Os maoístas e o resto dos partidos asinaron a paz o 21 de novembro de 2006, tras dez anos dunha guerra civil que deixou 13.000 mortos, e gobernan xuntos dende abril de 2007 baixo a atenta mirada da misión de paz da ONU.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: