Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe de 2006

O Valedor do Pobo dá conta da súa xestión no Parlamento este luns

Os datos que achegue Benigno López correspóndense a un período en que Xosé Ramón Vázquez Sandes aínda ocupaba o cargo.

Redacción - 12:11 23/03/2008
O ex Valedor do Pobo Xosé Ramón Vázquez Sandes

O ex Valedor do Pobo Xosé Ramón Vázquez Sandes

O Valedor do Pobo, Benigno López, comparece este luns no Parlamento para explicar o informe anual desta institución correspondente a 2006, cando aínda ocupaba este cargo Xosé Ramón Vázquez Sandes.

Benigno López intervirá no marco da Comisión de Peticións para dar conta deste documento. Trátase da segunda vez desde o seu nomeamento o pasado mes de xuño que o Valedor acode á Cámara para informar sobre os labores deste órgano.

Daquelas presentara un estudo sobre a sinistralidade viaria nas estradas do país, aínda que tamén fora realizado baixo o mandato do súa antecesor. Neste informe, difundido en decembro, urbanismo e vivenda eran os eidos onde máis queixas se rexistraron en 2006.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: