Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Di que creará "confusión"

Benigno López volve criticar a figura do Valedor do Paciente

Tamén volve subliñar as súas dúbidas sobre a transferencia da competencias en materia de tráfico.

Redacción - 09:00 15/10/2007

O recentemente nomeado Valedor do Pobo, Benigno López, volveu expresar as súas críticas co proxecto do Goberno para a creación da figura do Valedor do Paciente. Opina López que podería desvirtuar a institución que el representa e argumentando que pode crear "confusión" entre os cidadáns que poderían non saber exactamente a que institución enviarlle as queixas sobre o eido sanitario.

En entrevista coa RNE, López recoñeceu a vontade do executivo de amosar "maior sensibilidade diante dun problema sanitario agudo" que na actualidade xa enche cada ano a caixa de correo do Valedor. Ao respecto, agarda unha próxima reunión coa Consellaría de Sanidade para tratar directamente deste asunto. Nesa xuntanza, proporá mudarlle o nome ao novo cargo, suprimindo a expresión "Valedor".

Teima sobre tráfico e seguridade vial
Logo de que lle turrasen das orellas nos últimos días polos seus recentes posicionamentos sobre varios temas, Benigno López virou tamén un chisco o discurso sobre a transferencia de tráfico. Con todo, volveu dubidar do argumento de que ao xeito de Euskadi ou Cataluña a "proximidade" na xestión competencial deste asunto axude a resolver o problema. "O importante é o investimento económico", resolveu, "se vén do goberno español ou do autonómico decidirao quen lle corresponda". "Non creo que o feito de que os cartos veñan dun ou doutro lado vaia influír na redución da sinistralidade", comentou. Con todo, criticou que "moitos medios de comunicación dean a entender" que se opón á transferencia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: